[Disponible con stock en librería. Recíbelo en casa en 24-72 h]

PVP. 9,50€

Un novo poegrama en galego para descubrir as flores que medran no xardín. Cada exemplar de âeurosúDo berce á lúaâeuros é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Neste caso, âeurosúFloresâeuros achéganos á variedade de plantas e especies vexetais que poden medrar no xardín.


Ficha técnica